Onte pasoume algo un pouco raro... pasoume que...
Namoreeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeei!!!
Pero, para non enredar máis, eu son Samanta, unha nena moi independiente. Vivo en Padrón e vou á escola na que estudou a miña irmá maior, Amanda.
Por onde ía... ahhhh si... Onte pasou algo moi raro; un neno chamado Daniel veu a miña clase. Era moi, moi guapo e parecía intelixente. Cando tocou o timbre, fumos ó patio e, xusto cando ía a dicirlle algo a Daniel... ¡Sara!, a nena máis "pija" da miña clase adiantouseme. Achegueime un pouco para ver si o meu futuro amor xa estaba perdido e escoitei como Sara lle preguentaba a Dani se quería ir pola tarde a súa casa.
Non souben o que contestou porque marchei chorando cara o baño e ó sair fun a xunto da miña irmá. Amanda, díxome que como era o día de San Valentín, sempre ten que pasar algo malo, antes de algo bo. Entón, animeime e despois de que volvese a tocar o timbre regresei á aula. Desesperada e co corazón roto, fixen os exercicios moi mal. De camiño para o comedor, Dani chamoume. De súpeto, díxome que non era noivo de Sara e que lle gustaría ir a miña casa a estudar. Por suposto, eu aceptei e nese intre doume un bico nas meixelas. Máis vermella que un tomate.... desmaieime.
Escrito por: Blanca Esperón Buceta.

No hay comentarios:
Publicar un comentario